Visita do escritor Xabier P. Docampo aos alumnos de 1º de ESO.
Hoxe visitounos o escritor galego Xabier P.Docampo para falar do seu libro "O Pazo Baleiro" que os alumnos de 1º de ESO leron na clase de Lingua Galega.
Xabier P.Docampo nado en Rábade (Lugo) o 5 de Abril de 1946 é un mestre que se adica a escribir libros e tamén un contacontos, actor de teatro, guionista e un amante da lingua e da cultura galega. Entre as súas múltiples actividades tamén está a de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.
Traballou como mestre en varios colexios e durante uns anos en “Preescolar na Casa”. Escribiu libros de texto para a escola e foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas, tamén na Radio Galega no programa “Un día por diante”. Podemos dicir, que é un dos mellores escritores de literatura infantil-xuvenil galega.
En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por “Cando petan na porta pela noite”.
Tamén coñécenselle outros premios como:
Premio "Feira do Libro de A Coruña, 1989", polo conxunto da obra narrativa.
Premio "Emilia Pardo Bazán" do Ministerio de Educación.
Premio "Rañolas 1994" á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
"Honourl List IBBY 1996".
"The White Ravens 1997" de la Jugendbibliothek de Munich.
Premio "Lecturas" da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
"The White Ravens 2005" da Jugendbibliotethet de Munich.