img_1175.JPG

V Torneo de Xadrez Miralba 2018

O Colexio Miralba trouxo a Vigo, por quinto ano consecutivo, unha das probas do “Circuíto Galego Xadrez Promoción”.

O Torneo de Xadrez Escolar MIRALBA reuniu a 161 participantes chegados de toda a xeografía galega, repartidos nas categorías Sub8, Sub10, Sub12, Sub14, e xa fora de concurso, a Absoluta para nais, pais e acompañantes. Participantes chegados das catro provincias galegas, máis unha representación do país veciño, coa Escola Xadrez de Porto á cabeza. 

O Colexio Xesuitinas Miralba mantense coma referente do xadrez escolar en Vigo. No ámbito deportivo organizando a única proba do Circuíto Galego na cidade, e no educativo coa incorporación da ferramenta do xadrez na Ensinanza Primaria.

A Concelleira de Educación, dona Olga Alonso, felicitou ao Colexio Miralba pola organización do evento e fixo tamén referencia ao apoio do Concello de Vigo ó deporte, nunha cidade na que teñen cabida moitas e diferentes modalidades. 

O “Escolar Miralba 2018” renovou a súa iniciativa solidaria, os participantes realizaron unha inscrición voluntaria dun quilo de alimentos non perecedoiros que foron entregados ó Comedor da Esperanza de Vigo

Por categorías os primeiros clasificados foron:

SUB 8

1. Villot Lago, Antonio Xadrez Mos 

2. Vidal Salgueiro, Breixo Xadrez Marín

3. Del Valle Crespo, Javier Xadrez Mos

4. Gómez Paz, Aaron CX Fontecarmoa

5. Souto Corredoira, Hugo Xadrez Ramiro Sabell

SUB 10

1. Domínguez Conde, Hugo   Xadrez Brétema

2. Cabanas López, Eduardo   USC

3. Fernández Ramos, Iago   Xadrez Brétema

4. Moreira Novo, Brais   Escola Xadrez Pontevedra

5.  Vázquez Alexandrovsky, Miguel  EXT

SUB 12

1. Pérez Ochandategui, Xabier Círculo Chantadino

2. Pérez Sousa, Xabier Xadrez Mos

3. Pérez Estévez, Sergio Xadrez Mos

4. Cernadas Cameán, David Xadrez Bretema

5. Alonso Moyano, Miguel Villa de Bouzas

SUB 14

1. Vázquez Gómez, Marcos Xadrez Ourense

2. Quintás Fernández, Marta Escola Luguesa

3. González Romero, Gabriel Xadrez Mos

4. Alonso Pacheco, Luís Escola Xadrez Pontevedra

5. Bastos González, Gonzalo Xadrez Mos

ABSOLUTA 

1. Bringas Gómez, Artai Xadrez Laroca

2. Fernández López, Ruben Escola Xadrez Pontevedra

3. Costado Dios, Luís Mosefesa The Wailer

4. Rodríguez Ferreirós, Andrés Xadrez Fontecarmoa

5. Victorero Domínguez, OscarXadrez Fontecarmoa

A xornada rematou co clásico sorteo de agasallos achegados polos patrocinadores:

Concello de Vigo - Deputación de Pontevedra - C.D. Miralba - Escola Xadrez Pontevedra – Banco Santander 

Máis información do evento na páxina web oficial da Federación galega de Xadrez www.fegaxa.org e na web oficial do Club Deportivo Miralba www.miralba.org/blog/cd_miralba

Clasificacións oficiais completas na páxina web www.info64.org                      

CD Miralba

cdmiralba.png

Club Deportivo Miralba

header_2.png

Novedades del club deportivo