Uniforme
Especificación do uniforme e normas de vestiario do colexio.
EI, EP, ESO
Todos
Uniforme segundo modelo do colexio, que consta das seguinte pezas:
Polo branco con escudo.
Xersei verde de pico
Nenas: Falda escocesa plisada verde segundo modelo do colegio. O longo da falda e polo xeonllo.
Nenos: Pantalón gris
Zapato escolar negro ou marrón (Non se admiten botas, deportivos e outros)
Calcetíns verdes do mesmo tono que o xersei.
Educación infantil e Primeiro ciclo de Primaria: Mandilón segundo modelo do colexio
Non se permitirán «piercings», pendentes nos nenos nin complementos pouco discretos.
Bacharelato
Esixese roupa sinxela e xeitada ó traballo escolar.
Educación Física
Todo o colexio
Chándal completo segundo modelo do Centro
Camiseta branca serigrafiada co logotipo do colexio.
Pantalón corto rojo (opcional, os alumnos de infantil non o van utilizar)
Zapatillas deportivas tipo tenis brancas (excepto Infantil)
Calcetíns brancos sen listas.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil virán vestidos con chándal só o día que teñen psicomotricidade.
O resto dos alumnos e alumnas mudaranse no vestiario.
Sobre o uniforme e o vestido
Solicítaselle ás familias dos alumnos e alumna en cursos con obriga de uniforme, que o axusten ó modelo presentado polo colexio.
Por razóns obvias de hixiene e comodidade para os nenos e nenas, procurarase que o uniforme esté limpo e en bó estado. Toda a roupa (uniforme e chandal) virá marcada có nome.
No caso de que o uniforme non sexa axeitado seguiránse as indicacións que se expoñen de seguido:
- Infantil e Primaria (ciclo 1º): avisarase directamente ás familias.
- Primaria (ciclos 2º e 3º): advertirase ó neno ou neno e, caso necesario, falarase coa familia.
- ESO: advertirase ó neno ou nena. Se a situación mantense, avisarase á familia. Nos casos extremos nos que este aviso non surta efecto, non se admitirá ó alumno ou alumna na aula.