Noticias.png

Noticias

Lo que pasa en Miralba

Saída ao encoro de Zamáns

Zama_ns_044.jpg

Os nenos e nenas de sexto de primaria fixemos, o pasado día 18, unha saída ao encoro de Zamáns, organizada por "Vigo por dentro", acompañados pola profesora Dª Mary Carmen Rey e a monitora do programa María José.

Durante a viaxe en autobús, estivemos facendo preguntas sobre as características que tiña o lugar que íamos visitar. Cando chegamos ao encoro, observamos o tipo de vexetación da ribeira que alí se atopaba e, pouco despóis, recibiunos Naco, un encargado de Acqualia, que nos explicou moitas cousas sobre o encoro e o seu funcionamento.

Para empezar, o encoro ten unha capacidade de 2,2 hm2 (hectómetros cadrados) e na sú aprte máis profunda pode chegar a media ao redor dos vinte metros, e nel habitan unha gran diversidade de peixes como troitas, salmóns, etc, e árbores como o salgueiro, amieiro e eucalipto.

O seu funcionamiento: un flotador dunha mangueira a transporta cara un colector que a divide en dúas canalizacións: unha dun 8% de auga cara Vigo, e outra que transporta un 92% de auga, cara a Nigrán, pasando cada unha delas, antes de chegar ó seu destino, por una sala onte se contabiliza a cantidade e a temperatura da auga, tamén pasa por un proceso de potabilización.

Tamén nos explicaron que para abrir e pechar as comportas utilízase unha manivela manual, e en caso de emerxencia por un posible aumento de nivel da auga no encoro, teñen que facer unha chamada a control, para lles de o visto bó en caso de ter que abrir as comportas.

Despóis de visitar o encoro, fomos ver un muiño de auga, o seu funcionamiento, e nos contaron algunhas curiosidades, como que o baile da muiñeira foi inventado nos muiños.

Texto de Sofía Martínez.

Descargas

Imágenes