img_1766.JPG

¡Que Reto!

Ángel R. Leirós

Os alumnos de quinto están a rematar un proxecto que é o tempo un gran reto. Teñen o reto de salvar ao planeta da amenaza da contaminación e o descoñecemento.

O proxecto centrouse en descubrir as propiedades da materia, a enerxía e as máquinas.

Para comprobor as propiedades da materia baixamos ao laboratorio, fixemos os experimentos propostos e comprobamos a teoría traballada na clase. Para algúns foi a súa primeira visita ao laboratorio e resultoulles difícil conter as emocións, todos volveron as súas clases moi motivados.

Durante o noso coñecemento da enerxía, ventaxas e incovenientes dunhas e doutras fontes, tamén buscamos atopar aplicacións practicas, do día a día, ver o aforro que supón o dispor dun electrodomésticos dun consumo eficiente frente a outro que non é. Fixémolo con datos reais dun catálogo e precio real de enerxía no mercado.

Nestas derradeiras semanas de 2018 o proxecto ¡Que Reto! pretende que os alumnos se sintan como Arquímedes: “Dádeme un punto de apoio e movo o planeta”.

E logo de coñecer as distintas máquinas simples baixamos ao patio e comprobamos como cunha simple panca os nosos alumnos son quen de levantar as canastas con todos os contrapesos e que coa axuda dun polipasto, combinación de poleas, unha alumna pode tirar dunha corda exercendo unha forza semellante a sete dos seus compañeiros. Pero o máis importante que están a aprender é que estas simples máquinas coa axuda do seu cerebro poden mover o mundo.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.