20180410_121643_burst01.jpg

Premios Aqualia

"Ás veces o noso traballo tarda en dar froito” debeu ser a reflexión de Lola Rodríguez e Laura Freire cando lles dixeron que lles ían entregar un premio por un traballo realizado coa profesora Mª José cando cursaban 4º de E. Primaria. Esta semana no Auditorio do Concello de Vigo realizouse a entrega de premios da XV edición dos Premios Aqualia presidida polo excmo. alcalde da cidade e ante unha numerosa presencia de público e medios de comunicación.

Os actos empezaron coa inmortalización do momento, cando teñamos as fotos oficiais compartirémolas neste mesmo espacio. Lola e Laura estivon acompañadas e mesmo foron ovacionadas porque a organización invitou ao evento os compañeiros de clase das alumnas premiadas. Os alumnos de Quinto non tiveron incoveniente ningún en participar na celebración e máis sabendo que o acto remataría coa entrega dunha pequena merenda.

A celebración empezou cunha representación teatral duns cómicos na que nos facían reflexionar coas súas actitudes sobre o uso reponsable da auga. De seguido fixeron entrada as autoridades e procedeuse a entrega de agasallos.

Noraboa ás dúas alumnas premiadas e a todos os que día a día se esforzan para que o seu traballo sexa mellor.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.