02467d9e_f996_4283_aa7f_23c3c4dde4cf.jpeg

O noso corpo, menuda máquina!

Marta Escobar

Os alumnos de 4° de primaria, estamos orgullosos do noso traballo. Somos conscientes de que temos por corpo unha máquina marabillosa. Chegar a esta conclusión levounos o seu tempo de estudo e investigación. Aparte dos contidos do noso proxecto, investigamos sobre os diferentes nutrientes, para poder elaborar unha pirámide alimenticia e unha roda dos alimentos, que nos servirán de guía para levar á práctica unha dieta equilibrada. Esta dieta terá que ir acompañada por uns hábitos de hixiene, que tamén aprendemos neste proceso. Parte dese proceso de posta en práctica xa foi realizado coas merendas saudables dos recreos. Agora toca comer equilibradamente e facer exercicio, para que a nosa máquina, o corpo humano, estea sempre a punto.

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg