dwku05oxcaiytua.jpg

III Día de Rosalía no colexio

Xose Ramon Alonso

O pasado 23 de febreiro celebrouse no noso colexio o III Día de Rosalía. Nel participaron alumnos de 5º de EP do noso colexio e tamén das Salesianas, Salesianos e Compañía de María. Obradoiros, poesía e mesmo a maxia serviron para homenaxear a nosa galega máis universal.

A xornada comezou no noso salón de actos. Tras a benvida, proxectouse este vídeo realizado polos alumnos dos salesianos.

Despois pasamos aos obradoiros nos que participamos nun photocall, fixemos chapas, puntos de libro, algo de pop art e mesmo deseñamos a fiestra de Rosalía. A seguir contamos co Mago Pedro que lle puxo algo de maxia e humor á xornada.

Ata o colexio veu tamén o escritor Xabier Paz que nos lembrou as angueiras de Rosalía e recitou un dos seus poemas. E despois del demos lectura a un manifesto literario no que se nos invitaba abrir fiestras.

“Abride a fiestra” son unhas palabras de Rosalía que estiveron ben presentes durante toda a mañá. Invitábasenos a abrirnos á nosa cultura, á lingua, á muller, aos menos afortunados e a todas aquelas angueiras que estiveron ben presentes na obra rosaliana.

O III Día de Rosalía é unha iniciativa dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos colexios participantes que conta co apoio de Escolas Católicas de Galicia.

Inquedanzas

Inquedanzas-2014-06-04-19-06-59.png

Camiñando por Galicia, para os amantes da cultura galega

dscf2772.jpg

Para os amantes da cultura galega