Encoro de Zamáns
Un grupo de alumnos de 6º de primaria fomos o pasado 1 de outubro a visitar un encoro que está moi preto da nosa localidade: O ENCORO DE ZAMÁNS.
Os encoros son presas que reteñen a auga dun río para que chegue ás casas. Sitúanse no curso medio dun río.
Os encoros non son recentes senón que os primeiros construíronnos os exipcios e os babilonios hai uns 6000 anos.
O encoro de Zamáns é unha obra de enxeñería hidraúlica de formigón que se utiliza para o abastecemento de auga á nosa cidade. É o primeiro de Vigo e foi inaugurado en 1959 tras 7 anos de construcción.