Encoro de Zamáns

 

Enclave xeográfico

O encoro constitúe unha das paixases máis singulares do Concello de Vigo, na parroquia de San Mamede de Zamáns en Valladares e ao pé do Monte Galiñeiro.

Ao encoro pode chegarse en coche pola autopista do Val Miñor, a estrada de Clara Campo Amor e logo collendo a desviación da entrada de Zamáns ou ben através da AG-57 e tamén da estrada PO-331, despois se pode  ir a pé por un sendeiro que percorre todo o encoro. O departamento de Medio Ambiente vai habilitar rutas para dar a coñecer esta fermosa zona.                                           

Aínda que o encoro de Zamáns abastece de auga á población viguesa e arredores o que chama a atención e a espléndida paixase que ofrece, ben dende o mesmo encoro , dende o campus universitario, ou dende o miradoiro do Monte Galiñeiro.

O Galiñeiro recibe o seu nome pola forma de crista de galo do pico  do monte, e ten unha altura de 705 metros. Está situado na confluencia dos municipios pontevedreses de O Porriño, Vigo e Gondomar. Limita ao este co río Louro e é un paraíso de rochas  minerais. A zona norte esta formada por gneis que da lugar aos seus cumes máis importantes e abruptos. A zona suroeste aparece constituída por granito de dúas micas.


Baixando o embalse atopamos un fermoso muíño chamado Muíño de Maquías totalmente restaurado. Na nosa visita chegamos ata alí e gustounos moito.