img_0237.JPG

Ecoloxistas por un día!!!

Susi Pérez, Loreto Soto, María José Sánchez

Os alumnos de 4º de Primaria convertímonos por un día en " ecoloxistas", tratando de reparar os danos que a especie humana leva provocando nos diferentes ecosistemas que nos rodean.

Tomamos conciencia da importancia das plantas na nosa vida e por suposto na vida da Terra, xa que elas son a base das cadeas alimentarias dos diferentes ecosistemas terrestres.

Levamos xa catro anos realizando esta actividade de reforestación, e moi agradecidos á Comunidade de Montes de Vigo, e en especial ao seu presidente Uxío González, xa que el foi o noso primeiro contacto e acolleu o noso plan con moita ilusión e dedicación. Sen a colaboración das diferentes persoas desta Comunidade de Montes , non se podería levar a cabo esta aprendizaxe tan especial.
Comezamos, o primeiro ano, no parque forestal de Saiáns, logo en Zamáns, Matamá e este ano no Vixiador, non montes de Candeán.

Estivemos e estamos investigando sobre o castiñeiro, as súas características e a súa utilidade, elaborando nos diferentes equipos unha ficha técnica desa árbore autóctona que plantamos este ano. E no parque forestal coñecemos diferentes especies vexetais que forman os bosques deste entorno.

Tamén estivemos visitando uns monumentos megalíticos, os dolmes e mámoas , xa que realizamos un percorrido polos xacementos arqueolóxicos que hai na parroquia de Candeán, unha xoia dos tempos prehistóricos da nosa cidade.

A verdade é que resultou unha mañá chea de actividades moi entretidas e enriquecedoras.

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg