img_1290.JPG

Día da Árbore

As árbores pertencen a nosa vida e moitas veces non nos decatamos da súa presencia, son elas testemuñas mudas da nosa historia. Ás veces facémolos visibles ao darlle un papel protagonista en obras literarias e pictóricas, tradicións e mesmo lendas.

O que non podemos esquecer e que tódalas árbores xogan un papel moi importante coa absorción do CO2 e a súa transformación en osíxeno.

De seguro clasificáches as árbores en árbores caducifolias e árbores de folla perenne pero hoxe imos pensar noutras clasificacións

Árbores senlleiras

Son aquelas árbores ou formacións de calquera especie, tanto autóctona como alóctona, situada en propiedade pública ou privada, que polas súas características extraordinarias ou singulares como tamaño, idade, significación histórica ou cultural, beleza, etc… son consideradas reliquias botánicas cun valor natural, científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental e son merecedoras de especial protección e respecto.

Cuida das árbores, estás a cuidarte, e se atopas unha árbore senlleira estás de sorte. En Vigo o concello publicou un catálogo de árbores senlleiras, Galicia ten unha lista propia, en España hai catálogos que recollen e difunden esta información e anualmente hai votacións para escoller a árbore senlleira e optar a árbore senlleira de Europa.

Árboles singulares de España

Árbores autóctonas - Árbores alóctonas

Durante moitos anos a maioría do territorio galego estivo cuberto por grandes extensións de carballos e outras árbores autóctonas (faias, bidueiros...). Co paso do tempo, o ser humano foi talando moitas zonas para poder asentarse e vivir.

Cando falamos de árbores autóctonas, referímonos a árbores propias dun lugar.

Dende a época medieval, e sobre todo nos séculos XIX e XX, foron introducidas outras especies arbóreas alóctonas ou foráneas que nalgún caso se adaptaron axeitadamente e noutros provocaron problemas e impactos ambientais.

Quizais unha das árbores foráneas con máis representación en Galicia sexa o eucalipto, pois trátase dunha especie invasora que prexudica o normal desenvolvemento das outras especies vexetais.

Pero, sen ningunha dúbida, o principal problema que teñen os montes e bosques galegos son os incendios, que todos os anos arrasan grandes extensións arbóreas.

Por todo isto, é moi necesario que lles deamos aos montes o valor que merecen e, sobre todo, que os coidemos e respectemos.

Visita os seguintes enlaces, reflexiona e contesta as preguntas.

https://www.wwf.es/?31101/Abriendo-paso-a-los-bosques-autctonos-de-Galicia

https://es.greenpeace.org/es/trabajamos-en/bosques/

¿Estamos a tratar as árbores, e os bosques como se debería?.

¿Por que soamente lle prestamos atención  os montes cando arden?

¿Es quen de facer propostas de mellora?

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.