img_1290.JPG

Compromiso ecolóxico. Mensaxe de xaneiro de Noa e Farruco

Noa e Farruco empezan o ano con folgos renovados.

NOA: ¡ Ola Farruquiño! ¡Feliz Aninovo!

FARRUCO: ¡Ola Noa! ¡Feliz ano! ¿Que tal as vacacións?

NOA: Moi ben.... Xuntámonos, como todos os anos, toda a familia na aldea e sempre montamos unha boa liada. E ti, ¿fixeches algo especial?

FARRUCO: Xa sabes que a min tamén me gusta ir á aldea, pero os meus curmáns son “ chicos de cidade”, así que nos xuntámos toda a familia, aquí, en Vigo. Pero de especial direiche que lles fíxen unha proposta que aceptaron todos.

NOA: Conta, conta...

FARRUCO: Pois cando abrimos todos os regalos de Papá Noel e dos Reis, tivemos especial coidado en separar ben os residuos, gardar todo o que se puidese reutilizar e o que non, o levamos ao colector correspondente . E direiche que conseguir que as catorce persoas que nos xuntamos, estivesen todas pendentes de acadar o obxectivo, foi un éxito rotundo.

NOA: Coido Farruco, que andivemos os dous coa mesma idea de reducir e de reutilizar. No Nadal e en Reis, escollín todos os papeis bonitos que viñan envolvendo os regalos e os gardei, ben dobrados, nun caixón da miña habitación, para cando teña que envolver un agasallo ou facer un traballo para o cole.

FARRUCO: E ainda che teño que contar algo mais, ¿sabes?

NOA: ¡ A ver, a ver!

FARRUCO: Ti xa sabes que a miña nai se chama Belén. E está de santo o vintecinco de decembro. Pois quixen facerlle eu, o agasallo, en vez de mercalo.

NOA: Estás feito todo un artista...¿E que lle fixeches á túa nai, Farruco?

FARRUCO.: Pois verás, Noa, cando se acabou a marmelada, lavei o frasco de vidro, quitándolle ben o papel. Despois metinlle dentro unhas cunchas que recollera o pasado verán na praia do Bao. Pedinlle a miña avoa un anaco de tea estampada, para poñerlle na tapa, e ateina cunha cinta de raso das que utiliza a miña irmá para poñer no pelo. NOA: ¡Que bonito, Farruco! ¿Gustoulle á túa nai?

FARRUCO:¡ E tanto que lle gustou!. O peor foi que comenzou a bicarme como unha posesa, e veña chorar, toda emocionada e toda esa trapallada de: “ meu filliño, canto te quero, es todo un homiño” e bla ... bla... bla...

NOA: Vaia, xa asomou o Farruco de sempre : “home duro”...Pero bueno, estou abraiada cos teus progresos , amigo meu.

https://m.youtube.com/watch?v=izd-4o7CDXw

FARRUCO: Se reutilizamos, xeramos menos lixo, e tamén aforramos uns cartiños, claro.

NOA: Na clase reutilizamos o papel, sempre temos un feixe de follas que foron parcialmente usadas e logo nós as empregamos para facer as contas e as redaccións en borrador.

FARRUCO: Ah, e non te esquezas das macetas que fixemos coas botellas de plástico, nas que temos plantadas as castañas e as landras.

NOA: A propósito deso, ¿sabes que nas clases xa agromaron as árbores que se sementaron nese taller?

FARRUCO: Sí Noa. Mireino na páxina web do cole, cando estiven lendo as novas que diariamente se publican. E por certo, que todas estas paroladas nosas, tamén están publicadas alí.

NOA: Sí Farruco, a min tamén me gusta botar unha ollada á páxina do cole, e mirei tamén o “castiñeiro bebé”, que naceu en decembro.

FARRUCO: Bueno Noa, temos que despedirnos por hoxe. E non dubidedes que seguiremos loitando pola ecoloxía desde a megafonía. Así que …rapaces e mestres, ata o vindeiro mes de febreiro, no que voltarán a estar con vós…

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.