img_1290.JPG

Compromiso ecolóxico. Mensaxe de Noa e Farruco en Abril

Na reflexión deste mes Noa e Farruco abordan un dos temas medioambientais que máis preocupan nas sociedades desenvolvidas. A súa presencia nos medios de comunicación e redes sociais é moi frecuente. Estou a falar da presencia do plástico nas nosas vidas, entorno e mesmo na cadea alimentaria. Non deixedes de visitar os enlaces que nos achegan.

FARRUCO: ¡Ola Noa! ¿Gústache o polar que me regalou a miña madriña pola Pascua?

NOA: ¡Gústame Farruquiño! ¡Estás la mar de guapo!

FARRUCO: Máis guapo me vas ver cando che conte de que está feito este polar.

NOA: ¡Máis guapo!! ¡¡Parece que non tes avoa, Farruco!! Pero, conta, conta, ¿de que está feito o teu polar?

FARRUCO: Pois está feito de plástico reciclado. En concreto dun plástico que se chama PET. Este plástico utilízase en envases de bebidas, de productos farmacéuticos , de cosmética, bandexas de alimentos,... É un plástico moi lixeiro e ademais bastante seguro para os usuarios,...

NOA: Caramba Farruco, máis guapo non sei, pero contento sí que estás ¿ E, só se fabrican polares co reciclado do PET?

FARRUCO:¡Que va, Noa! Fabrícanse máis produtos, como por exemplo : alfombras, cordas, cepillos, vasoiras, calzado, camisetas, cubos para o lixo, cadeiras, ...Eso sí co PET reciclado non se volven facer envases para bebidas, alimentos e medicamentos, porque xa perdeu as propiedades que o fan seguro para esa función.

NOA: ¡¡¡ Arredemo Farruco!!! Pensándoo ben, ¡vivimos, sen darnos conta, nun mundo de plástico!

FARRUCO: Vivimos, vivimos.

Noa. Levantámonos cada mañán co plástico: o brik do leite, o microondas, as tuberías da auga, o recubrimento dos cables eléctricos, os bolígrafos, o teclado do ordenador, o Ipad, os asentos do coche, o teléfono, o anorak, a mochila do cole,... E claro, deitámonos con el: os colchóns, parte do somier das nosas camas, ...

NOA: Pois sí que temos un problema con tanto plástico, xa que é moi contaminante. O plástico é un material que tarda centos de anos en descompoñerse, e hai algúns tipos que tardan ata mil anos en facelo. Utilizar este material de forma tan esaxerada como o facemos, é un erro con consecuencias catastróficas a nivel global.

https://www.facebook.com/plasticchangeinternational/videos/411324032598423/?hc_ref=ARRiRl9MbMK64mdlMB-Msj4SoJwTeQar85tkhoV1sRDM8fmAwUCqKVK-Cn1CY1Bh9kc

Divertida animación que amosa o problema para os habitantes dos mares

FARRUCO.: Xusto Noa. E tamén é importante saber que o plástico no medio ambiente vaise rompendo en anacos pequenos que van invadindo os diferentes ecosistemas. Os animais e incluso os seres microscópicos como plancton , inxiren estes anacos de plástico e contamínanse coas substancias tóxicas que conteñen. E outros animais enmállanse en materiais de plástico, morrendo estrangulados. E claro eses microplásticos chegan na cadea alimentaria ata os nosos alimentos, contaminándonos tamén a nós.

NOA: ¿Sabes Farruco?, mirei unha reportaxe na tele, coido que foi o día vintedóus de marzo, a propósito do día mundial da auga e nela dicían que chegan ao mar oito millóns de toneladas de lixo ao ano. Parece ser que nos nosos océanos hai unhas cinco illas de lixo formadas na súa maioría por anacos de plástico, a modo dunha gran masa de sopa. Hai dúas no Pacífico, dúas no Atlántico e unha no Índico. Entre o quince e o corenta por cento do plástico producido no mundo, acaba nos mares cada ano. ¡¡ Que barbaridade!!

FARRUCO: ¡¡Asustan estas cifras Noa!! Esa reportaxe tamén a mirei eu. Dicían ademais, que unhas seiscentas especies mariñas están afectadas por este problema, incluidos douscentos mil mamíferos mariños ao ano.

NOA : ¡Vaia mágoa! ¡Pobres animaliños!

FARRUCO: A solución a este grave problema ecolóxico, non é fácil, pero hai que intentalo. O primeiro que temos que facer é botar todo o plástico que xeramos nos nosos fogares no colector amarelo de reciclado, para que se podan obter novos produtos con eles e así evitar que acaben no océano.

NOA: Estou dacordo Farruco, pero esa acción hai que acompañala co feito de reducir o consumo e uso do plástico, e reutilizar envases e bolsas noutros usos domésticos. Unha estupenda solución sería poñer fin á nosa adición aos plásticos de usar e tirar.

( Música : La Tierra tiene... ( Bebe)

" target="_blank">

FARRUCO: O importante é que existen asociacións e grupos de persoas moi preocupadas por este problema. E os gobernos xa se están plantexando a reducción do uso do plástico e o uso de novos materiais que o substitúan e sexan biodegradables.

NOA: Sí, Farruco, de feito en España non se poden distribuir bolsas plásticas de forma gratuita desde o un de xaneiro deste ano, en tendas , supermercados e outros establecementos.

FARRUCO : E ademáis o goberno está obrigado a lanzar campañas de sensibilización cidadá , para a redución do plásticos dun so uso e a utilización do sistema de reutilizado e uso de bolsas de materiais biodegradables. A miña nai, sempre leva con ela unha bolsa de tea para facer a compra. E cando imos a fin de semana ao súper, levamos o carriño da compra. Así non precisamos de bolasa plásticas.

NOA: Na nosa familia facemos o mesmo, Farruco. E nós os nenos do presente , adultos do futuro, ¿estamos dispostos a dar o cambio? ¿Estamos dispostos a poñer os medios para curar ao planeta? Entre todos, podemos facelo, pero mañá xa é tarde para comezar.... Hoxe pode ser ese gran día do cambio.... Decídete, dálle á volta aos malos costumes....

FARRUCO: Arredemo, Noa. Sí que estás mentalizada e decidida. Mírote disposta a montar unha revolución ecolóxica.

( Música : Vamos a reciclar...)

NOA: Queremos felicitar aos nenos de cuarto de primaria, pola súa colaboración coa Comunidade de Montes de Coruxo, xa que foron plantar castiñeiros nos montes desta comunidade o pasado vinte de marzo.

FARRUCO: Bueno Noa e tamén queremos dar as grazas a Infantil e Primaria, polas actividades realizadas o    “Día da árbore”. Entre todos conseguimos facerlle unha merecida homenaxe a eses importantes pulmóns do noso planeta.

NOA: Antes de despedirnos, temos que comunicar a todos que , por circunstancias alleas á nosa vontade, a partir de hoxe deixamos de facer a recollida de tapóns, polo que pedimos que non os traiades máis ao colexio pero si que nos gustaría que prestedes aínda máis atención na separación dos papeis e plásticos na clase. Con pequenos xestos podemos facer un gran cambio. 

NOA: Rapaces e mestres, ata o vindeiro mes de maio, no que voltarán a estar con vós…

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

(Música: Reducir, ....)

Enlaces recomendados

Francia prohibe o uso de plásticos, en España estanse a tomar medidas similares

https://m.directoalpaladar.com/otros/francia-prohibe-los-platos-vasos-tazas-y-cubiertos-de-plastico?utm_source=facebook&utm_medium=social&utm_campaign=botoneraweb

Neste enlace poderedes acceder a moita información sobre a incidencia dos plásticos 

http://elplasticomata.com/

Rematamos cun video no que se recolle a presencia de plástico no mar

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.