dsc06308.JPG

A nosa horta

Loreto Soto

Cos alumnos de cuarto de primaria e dende a asignatura de Naturais, estase levando a cabo a creación e coidado dunha pequena horta, no patio de Miralba. Plantáronse diferentes produtos da horta: leitugas, cenorias, xudías, chícharos, allos e cebolas.

 

Con esta actividade pretendemos acadar unha serie de obxectivos: 

  • Poñer aos alumnos en contacto co medio natural.
  • Que aprendan unhas nocións básicas sobre o modo de realizar a plantación nunha pequena horta.
  • Que sexan capaces de asumir a responsabilidade de coidala.
  • Que coñezan unhas poucas especies vexetais das que comemos diferentes partes (follas, raíces, talos, froitos, sementes)
  • Que perciban a importante relación entre un ser vivo e o medio físico que o rodea.
  • Que aprendan e valoren a necesidade dos coidados que requiren as plantas para o seu desenvolvemento.
  • Que tomen conciencia da importancia da colocación das diferentes especies, para que as plantas reciban a luz solar e poidan realizar a fofosíntese.

E por suposto, coma sempre:  "Reforzar o traballo en grupo"

Temos que dárlle as grazas a Mary Carmen Rey, que é a nosa experta guía nesta actividade hortícola.

4º de Primaria

El canal de 4º de Primaria